jueves, 16 de marzo de 2017

Crónica da 1ª Impalada Galega

Por Calixto Padín.


Empezamos a temporada de salidas coa 1ª Impalada Galega. un evento que despertou interés pola novedad e porque dous integrantes de Motoreina poseemos dendas Montesas Impala (Comando e Kenya).

Calixto e Lorenzo decidiron embarcarse nesta aventura e dedicaronlle a semana previa a poñer as motos a punto.

O día da impalada decidiron sair ás 8.30 de András (Vilanova de Arousa) para coller de camiño a Juan que levaba a sua Ducati Elite, eso si, coa condición de que tiña que ir detrás do grupo a uns cen metros de distancia. As dez estaban esperando por nos, en Caldas de Reis, Daniel (Montesa Impala Comando), Gonzalo (Montesa Impala Comando), Francisco (Montesa Impala Sport), Mallo (Montesa Impala Turismo) e José Ruibal (non sabría definala...ten un pouco de todo ). Arrancamos todo xuntos a un ritmo tranquilo e chegamos a Lalín ás 10.15. Na zona da concentración entablamos conversación con varios dos asistentes e ás 11.30 h. comenzou a Ruta en dirección a A Golada, pasando por Bandeira e Vila de Cruces. O chegar a A Golada esperabanos un bo pincho. Alí os organizadores decidiron anular un tramo previsto da ruta a Monte Faro por mor do mal tempo. Xa de camiño a Lalín fíxose a parada para comer no Restaurante Cabana, en donde degustamos un suculento cocido e no que houbo sorteo de regalos. 

Felicitamos ós organizadores pola iniciativa e esperamos volver o ano que ven.

Aquí vos deixamos unhas fotos dese día:


















No hay comentarios:

Publicar un comentario