Crónica enviada por Calixto:
Este ano asistimos por primeira vez a concentracion de Zas. Como a salida era as dez e tíñamos uns 120 kilometros decidimos quedar as 8 en Caleiro: Calixto Montesa, Xandis Vespa, César Vespa, Roberto Lucio e Ramón Lucio Ducati. En Caleiro esperabanos Luis coa MV. Faltaba un clásico deste tipo de salidas, Lorenzo Chazo pero iba de boda.
O ritmo de salida foi rapidillo esperando que non hubera ningún radar. Paramos en Bertamiráns para un suculento desayuno e emprendemos marcha a un ritmo non habitual de moitas zonas de 90/100.
Chegamos a hora acordada e xa había bo ambiente e compañeiros de fatigas. Salimos de ruta dirección Camelle donde visitamos o que queda das esculturas do alemán. Unha pena como esta nestos momentos. A continuación un suculento pincho e despois direccion a Laxe
Visitamos o faro de dita vila e a continuación dirección Zas para a comida e entrega de premios.
Despois da comida ruta de volta donde a Vespa de César tubo unha agarrada pero permiteulle continuar. En total mais de 300 kilometros de rodada. Mención especial a Roberto Lucio que levaba o seu irmán Ramón de acompañante.
Boa ruta donde o pasamos os 6 de maravilla, quedando con ganas de repetir para vindeiros anos.
Agradecemos ós organizadores o ben que o fixeron e a atención e simpatia que nos brindaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario